Non son un seguidor dos Recanteiros do Luar, recoñézoo, polo que admito que non coñecín a Paula Sueiro até que presentou o seu tema Sinvergüenza no Voces de Galicia de Isidoro Valerio, co gallo do lanzamento da súa campaña de micromecenado para gravar un vídeo musical para a canción.
Agora estou triste porque non recibirei nunca o CD asinado que ofrecía Paula aos mecenas do seu proxecto, porque a artista padeceu un accidente na estrada a pasada tarde. Eu só a coñecía dalgún intercambio de mensaxes e pouco máis, e xa sinto pesar por este triste adeus, especialmente por ser unha rapaza tan nova á que lle quedaba moito por vivir. Só podo imaxinar o que están a padecer nestes momentos os seus achegados.
Coido que o mellor que podemos facer neste momento é lembrar a súa obra.
Debe estar conectado para enviar un comentario.