Civil Waaaaaaaar

Aproveitando o grandísimo éxito que tivo a saga de Civil War nos cómics, dende a Marvel quixeron adaptala ao seu universo cinematográfico, e aínda que a escala vai ser...

Aproveitando o grandísimo éxito que tivo a saga de Civil War nos cómics, dende a Marvel quixeron adaptala ao seu universo cinematográfico, e aínda que a escala vai ser moi reducida (non parece que vaiamos ver un enfrontamento de todos os personaxes á vez) dá a impresión de que as películas do Capitán América confírmanse como entregas escuras das películas dos Vingadores, tirando máis polas conspiracións e as tramas máis complexas.

O primeiro tráiler de Capitán América: Civll War supón un adianto máis que convincente:

Só por ver o enfrontamento do Capitán América e o Soldado de Inverno contra Iron Man xa parece pagar a pena o tráiler. A cousa promete, aínda que non parece que o sangue (ou o aceite) vaia chegar ao río.

Panteira Negra

Ah, e a fugaz aparición de T’Chala (aparentemente no bando de Tony Stark) tamén se agradece.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS