Trailer final de El Hombre de Acero

Xa está aquí. A dúas semanas da estrea da película de El Hombre de Acero, Nokia permítenos ver dende onte o trailer definitivo do filme, que parece deixar moi...

Xa está aquí. A dúas semanas da estrea da película de El Hombre de Acero, Nokia permítenos ver dende onte o trailer definitivo do filme, que parece deixar moi clariño o que imos atopar na pantalla grande: a orixe de Superman (que pouco terá que ver coa que vimos nas películas de Christopher Reeve), Superman converténdose en heroe da Terra e un enfrontamento do protagonista co seu legado kriptoniano.

SupermanA min o que máis me fastidia do tema é que a película estrearase unha semana antes nos EE.UU. (aínda que a fiestra é moito máis reducida que a de Star Trek: En La Oscuridad) polo que o risco de exporse a spoilers e ás críticas da película é moi alto, o que pode levarnos a ter prexuízos que preferiría evitar. Teño moitas esperanzas nesta produción, pois de converterse nun éxito será o trampolín que fará que o resto do Universo DC reciba un tratamento semellante ao que está a ter Marvel nos cines.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...