Sae á venda nos EE.UU. 8House: Kiem

Tras unha longa espera, a colaboración entre Brandon Graham e o artista coruñés Xurxo G. Penalta por fin deu o seu froito, e hoxe saíu á venda nos EE.UU....

Tras unha longa espera, a colaboración entre Brandon Graham e o artista coruñés Xurxo G. Penalta por fin deu o seu froito, e hoxe saíu á venda nos EE.UU. o cómic 8House: Kiem, que en breve poderá adquirirse en edición física en Alita Comics, pero que xa podemos adquirir en dixital a través de comiXology a un prezo de 2,69 euros.

comiXology permite descargar as obras en PDF e CBZ

comiXology permite descargar as obras en PDF e CBZ

A miña impaciencia levoume a adquirir unha das copias dixitais, o que é toda unha gozada, xa que a plataforma de comiXology continúa a ser magnífica, ofrecendo a posibilidade de ler os cómics adquiridos na súa páxina web directamente dende a mesma (teñen un visor bastante xeitoso), de descargar as obras a xeito de copia de seguridade en formato PDF e CBZ (de xeito que se dentro dunha década comiXology vai ao carallo, continuarás a ter acceso ás obras adquiridas a unha resolución de 300 puntos por polgada) e incluso contan cunhas excelentes aplicacións para dispositivos móbiles de xeito que podemos ler as obras comodamente nunha tableta.

8House: Kiem no visor web de comiXology

8House: Kiem no visor web de comiXology

Unha cousa curiosa das aplicacións móbiles de comiXology é que agora non permiten as compras in-app, senón que hai que mercar dende a web, e o motivo de tal cambio é que queren evitar que compañías como Apple leven a habitual comisión do 30% polas compras a través das súas tendas dixitais, o que é máis que razoable no caso dun xogo para o móbil, pero que se nos metemos en contidos dixitais distribuídos a través de aplicacións a comisión é abusiva (xa que en tal caso a tenda de aplicacións non é a que alberga os contidos, facendo de intermediario só nos pagamentos, e normalmente para ese tipo de operacións a comisión debería ser inferior ao 4%).

descargando co cómic no iPad

O que non deixa de ser marabilloso é que un lector poida ler unha obra o día do seu lanzamento sen ter que agardar que a súa copia física viaxe a través do servizo postal. É unha maxia que non podiamos imaxinar hai uns anos, e que co tempo rematará coas ridículas fronteiras de explotación de contidos. Unha revolución da que somos testemuño paso a paso, e que non beneficiará a todos, pero son precisamente ese tipo de avances na comunicación os que posibilitan que teñamos a tantos autores galegos vendo as súas obras publicada nos EE.UU. antes que en España.

Volvendo a 8House: Kiem, só podo recomendar a súa lectura, aínda que moitos igual prefiren agardar a que se publique en España (para o que faltan moitos meses); e para saber algo máis da obra, nada mellor que escoitar ao seu autor falando da mesma:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Logan: «hostia puta»

    Por se alguén estaba confundido e pensaba que Logan ía ser unha especie de terceiro filme de Lobezno, temos por fin un novo tráiler que deixa claro que a...
  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...
  • Agasallos tecnolóxicos na Revista Fin de Semana

    Esta mañá María Solar convidoume a facerlle unha visita polo programa A Revista Fin de Semana da Galega, para falar un pouco de tecnoloxía de cara aos agasallos de...