É imposible falar dun encontro friki coruñés sen mencionar o cosplay, e aínda que Viñetas non se caracteriza por destacar por esta práctica, si puido verse algo, principalmente grazas á organización dun concurso organizado pola asociación Mangalego.
Algunha persoa disfrazada si apareceu algún día pola Rúa da BD, como unha moza vestida de personaxe de Shingeki no Kyojin, outra de Capitán América, e o noso benquerido Sebas facendo que a xente o pase ben co seu curioso xeito de caracterizar a Superman. Pero o concurso de Mangalego propiciou a concentración de cosplayers a unha hora determinada, o que estivo moi ben porque animou bastante o cotarro.
Aínda que había caracterizacións notables como o fauno de Victoria, un personaxe de Digimon ou un grupal de Naruto, hai que recoñecer que os que deixaron pegada no público foron a neniña que participou como a Muller Invisible dos Catro Fantásticos e un divertido grupal de As Bolas Máxicas, que nin sequera levaba un Son Goku, pero que ao contar con Momo e Mutenroi xa resultaban xeniais. Unha mágoa que eu non puidese comprobar en primeira persoa a anécdota da xornada, que foi cando unha parella de turistas xaponeses os viron e quedaron alucinadísimos. Ao parecer non paraban de berrar “Dragon Ball” e “otaku”. 😀
Debe estar conectado para enviar un comentario.