Lembrando Viñetas desde o Atlántico 2015 (III): actividades paralelas

Algo que cambiou moito nos últimos anos é que agora Viñetas xa non é un evento solitario, senón que tamén conta con actividades satélite, que este ano foron máis...

Algo que cambiou moito nos últimos anos é que agora Viñetas xa non é un evento solitario, senón que tamén conta con actividades satélite, que este ano foron máis que nunca.

Autobán

Por unha banda, mantense o festival de autoedición e BD de autor Autobán, no que unha chea de fanzineiros ofrecen as súas obras e comparten experiencias, e que veuse enriquecido por varias mesas redondas moi interesantes, da que captou principalmente a miña atención a de Xente que fuma en pipa: Críticos e divulgadores de cómic, na que Octavio Beares, Bruno Lorenzo, Eduardo Maroño e o Sr. B das Metrópoles Delirantes falaron sobre a divulgación da banda deseñada moderados por Óscar Iglesias.

Precisamente a xente das Metrópoles Delirantes quixo retratar o Autobán nun entretido especial do seu podcast:

Exposicións

Xa nunha face máis artística do mundo da banda deseñada, desenvolvéronse un par de exposicións bastante curiosas, como a de Viñetaxe do colectivo Miñoco, no Café de Macondo, e A Meta Viñeta no Monty4, sendo esta última un proxecto bastante rechamante por levar a unha galería de arte pezas de autores de BD como son Manel Cráneo, David Rubín, Guitián e Alberto Vázquez, e que manterase aberta até o 19 de setembro. Aparte de ver as súas obras, cada un dos catro autores fixo unha lámina ex profeso da que na galería venden reproducións en edición limitada a un prezo de 80 euros + IVE. Tamén pode preguntarse alí polos orixinais dos artistas (xa que algúns están á venda).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS