Mandos que fixeron historia

O deseñador gráfico parisiense Quentin Fevre publicou unha colección de 7 carteis retratando mandos de consolas de videoxogos que son toda unha mostra de como un mesmo concepto pode...

O deseñador gráfico parisiense Quentin Fevre publicou unha colección de 7 carteis retratando mandos de consolas de videoxogos que son toda unha mostra de como un mesmo concepto pode explorarse de xeitos tan diversos.

Por sorte, co tempo a ergonomía foi gañando a partida, e agora hai no mercado mandos como os da Xbox One, que son toda unha obra de enxeñaría e fuxen dos mandos con sensores de movemento que ameazaban o sector con mecánicas que non resultaban nada cómodas e convertíanse nun simple uso da tecnoloxía porque estaba dispoñible.

Da colección de Fevre recoñezo que os mandos máis bonitos son os clásicos de Nintendo, pero resulta moi incómodos se os comparamos, por exemplo, co da PlayStation, demostrou ter unha longa vida (aínda que Sony está a pasarse de conservadora con ese deseño, e coa mala calidade dos materiais, deixando claro que Microsoft gañoulle a partida nese ámbito).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS