Os opostos atráense

Non, non é unha clase de Física. Iso de que os polos opostos atráense cítoo por unha canción de Paula Abdul, Opposites Attrack, que a finais dos anos 80...

Paula Abdul

Non, non é unha clase de Física. Iso de que os polos opostos atráense cítoo por unha canción de Paula Abdul, Opposites Attrack, que a finais dos anos 80 converteuse nun grandísimo éxito grazas ao seu vídeo musical no que podiamos ver á cantante bailando cun MC Skat Kat de debuxos animados, moi na liña do que viramos pouco antes no filme ¿Quién engañó a Roger Rabbit?.

E por que lembro hoxe ese vídeo musical? Pois porque no The Late Late Show with James Corden tiveron a ben presentar a participación de Paula Abdul como convidada cunha coreografía rememorando tal vídeo musical. Nostalxia pura!

Pode que James Corden non dea o talle como MC Skat Kat, pero queda simpático. 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS