Quen é máis forte, Superman ou Hulk? Quen gañaría nun combate, Thor ou Wonder Woman? Sería Spider-Man quen de aguantar un asalto contra Batman? Este tipo de preguntas son bastante habituais entre frikis. Comparar personaxes de DC e Marvel, en boa medida porque en poucas ocasións se cruzan os universos de ficción para poder contrastar a habilidade ou a forza dos heroes preferidos de cadaquén.
Pero dende a produtora Bat in the Sun quixeron ir máis aló e preguntaron aos afeccionados sobre quen gañaría nun enfrontamento entre as parellas formas por Joker e Harley Quinn e Masacre e Dominó, para recrear o resultado a xeito de curtametraxe:
Loxicamente non existe un gañador obxectivo, porque todo depende de decisións tomadas nun momento en concreto, pero resulta evidente que os personaxes da Marvel teñen a vantaxe de ter superpoderes, algo do que carecen os de DC, polo que non é un combate xusto, pero iso non quere dicir que non vaia ser algo divertido. De feito, a recreación que fan é bastante fiel aos comics, notándose que hai afeccionados da banda deseñada detrás do proxecto audiovisual. Cando menos non foi como a cagada de facer que Lobezno derrotase en combate a Lobo (quen foi quen de matar a Superman).
Debe estar conectado para enviar un comentario.