A semana que vén temos Hobbycon

Xa está aquí, xa chegou, é a Hoooobbycon que aaaaterrooou… (ler coa música de Los Mundos de Yupi). Si, un ano máis o salón multidisciplinar máis friki da Coruña...

cartel da Hobbycon

Xa está aquí, xa chegou, é a Hoooobbycon que aaaaterrooou… (ler coa música de Los Mundos de Yupi). Si, un ano máis o salón multidisciplinar máis friki da Coruña volve para animar o inicio do verán nas instalacións do Palexco, inaugurándose a festa cun desfile cosplay que irá de Maria Pita ao Palexco (molará só por ver a cara dos transeuntes).

Tras o exitazo de ExpOtaku hai moitos que desexan que chegue a Hobbycon, que durante catro días animará a afeccionados da cultura alternativa de toda Galicia e fará soportable a espera de cara a Viñetas desde o Atlántico (que este ano será entre os días 10 e 16 de agosto). Para ir quecendo motores, os responsables da Hobby non paran de adiantar contidos a través das redes sociais, e para que a xente poida ir planificando a súa visita ao encontro, xa teñen un completo programa provisorio:

programa da Hobbycon - xoves e venres
programa da Hobbycon - sábado e domingo

Wayne e GatthA min coa presenza de Miguelanxo Prado xa me gañaron; aínda que tamén confío en que os tolos do Método Sueco fagan acto de presenza co seu Premio Mestre Mateo entre as mans amosándoo coma Wayne e Garth coas súas entradas VIP que lles abrían o acceso aos camerinos de Alice Cooper («Non somos nada! Somos borralla!»).

Ah, e como detalle especialmente friki, os que vaian aos Cantones Cines o día 9 coa entrada da Hobbycon poderán mercar billete para ver Terminator Génesis un día antes da súa estrea oficial.

Terminator Génesis

Non será ningunha marabilla de filme, pero vela en compañía de frikis espero que a faga máis divertida.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS