HobbyCon (II): quen puidera namorala e Carlton Banks

O segundo día da HobbyCon paseino especialmente ben, pois aínda que non había moitas actividades prometedoras para min, ao final as cousas máis chorras foron o mellor. Tras un...

hobbycon_dia_2_exterior

O segundo día da HobbyCon paseino especialmente ben, pois aínda que non había moitas actividades prometedoras para min, ao final as cousas máis chorras foron o mellor.

Tras un pequeno paseo de exploración inicial puiden ver algunhas cousiñas de merchandising que me fixeron graza:

Logo tamén puiden ver o moito que flipaba o persoal probando a tecnoloxía de Oculus Rift coa demostración que facían os de Placebo Effects (que viñeron este ano ao evento Mundos Digitales:

Oculus Rift

Tamén no mundo dos videoxogos fíxome ilusi´n ver como o torneo de Bomberman para NES remataba co éxito de Iago Gordillo:

Xa no segundo andar, o creador de Cálico Electrónico estaba a contar a súa vida e a amosar algunhas das súas mellores pezas audiovisuais ante un público que non paraba de rir.

Aproveitou a visita para estrear un dos seus vídeos:

Aínda que máis tarde non dubidou en pararme polos corredores do PALEXCO para posar xunto a miña camiseta de Carlton Banks, que causou sensación. Saquei bastantes fotografías con xente que alucinaba en cores ao vela.

Pero o sorprendentemente divertido foi a competición Declárate Kid, na que uns cantos inconscientes loitaban polo amor de Lady HobbyCon, declarándolle os seus sentimentos e superando distintas probas entre as que destacou especialmente o ter que aturar bofetadas de boa parte do público.

O rapaz que ía vestido de Dante pode que vaia pasar a historia por ser un papahostias literalmente, xa que as mozas cebáronse especialmente nel, aínda que a rapariga que ía co cartel de Free Hugs non tivo reparos en propinar tremendos hostións a todos os concursantes.

Finalmente chegaron á final Masacre (quen recibiu grandes ouvacións do público) e a Princesa Mononoke, e na última proba a gañadora foi curiosamente a participante feminina, que non dubidou en botarllo en cara aos seus competidores, dicindo que era “máis home” que eles. 😀

Polo recindo tamén había moitas outras actividades menos masivas, como xente xogando a resolver un crime, competicións de fan art, xogos de mesa, e maquetas de Star Wars.

Aínda que para completar o repaso da xornada, nada mellor que unha selección de cosplay:

Gustei especialmente do disfraz de Green Arrow (pola perilla, claro) e da rapaza que encarnaba moi ben á Lara Croft do último xogo de Tomb Raider. Cousas así animan a volver hoxe a gozar do evento.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...