25 Xuño, 2015
Mañá, e até o vindeiro domingo, a aldea de Furelos, anexa á vila de Melide, vai celebrar o I Mercado de Época, no que teremos mostras de artesanía e alimentación, así como obradoiros demostrativos (de queixo, pan, talla e cestería), actividades de animación, música… aderezado con figurantes de época e con espazos para toda a familia.
As xornadas que permitirán facer un achegamento en vivo a oficios tradicionais teñen boa pinta, aínda que sospeito que os que máis van quedar impresionados serán os participantes da terceira Media Maratón Os 21 do Camiño que transcorrerá entre Palas de Rei e Melide (que farían ben en chegar á zona con certa antelación para poder visitar Furelos con calma).
Debe estar conectado para enviar un comentario.