O ilustrador norteamericano Roberto Flores está a impresionar a amantes dos xogos de loita de todo o mundo ao publicar na web uns debuxos nos que amosa como sería a serie de televisión Juego de Tronos como un título do seu xénero favorito, que ten unha pinta moi superior aos malísimos xogos baseados na franquía que chegaron ao mercado nos últimos anos (desenvolvidos por Focus Home Interactive e Althus respectivamente, recibindo o último unha puntuación de 4,8 en Meristation, para que vos fagades unha idea do patéticos que teñen que resultar).
Se a serie de televisión tivese visto a luz a primeiros dos anos 90 non sería de sorprender que os deseños correspondesen a un xogo de Neo-Geo na liña dos The King of Fighters, e a min fíxéronme especial graza as propostas de Daenerys lanzando ataques especiais axudada polos seus dragóns, ou o feito de que puidese existir un modo de xogo por equipos no que Tyrion e Bronn puidesen unir forzas. ¡Xenial!
Debe estar conectado para enviar un comentario.