«E eu tamén, Batmiúdo»

Non é a primeira vez que cito a Batmiúdo, aquel personaxe de pel verde que saía na serie de animación de Batman que botaban na Galega (e da que...

Non é a primeira vez que cito a Batmiúdo, aquel personaxe de pel verde que saía na serie de animación de Batman que botaban na Galega (e da que me fixen cunha copia en DVD hai un tempo). Lembrades a serie:

Pois agora resulta que o personaxe volve a actualidade, sen a súa peculiar cor verde (de feito, apareceu noutras producións nos últimos anos, tamén coa pel de cor carne), pero co seu mesmo carácter pícaro, xa que está a lanzarse nos EE.UU. a súa propia colección de comics, para a que hai confirmados 3 números como mínimo.

Batmiúdo

Para animar a estrea, dende DC propoñen coller unha imaxe transparente de Batmiúdo, pegala nunha fotografía en plan photobomb e logo compartila na Internet co candelo #BatMite. Non creo que a campaña vaia ser un impacto moi grande, pero cando menos podería espertar algo de curiosidade sobre unha serie tan arriscada. Eu cruzarei os dedos para que a editen en España nun fermoso tomo recompilatorio, e mentres publico unha achega á campaña de reivindicación do personaxe da quinta dimensión:

Batmiúdo na ExpOtaku

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS