Mostra dos cosplays da Comic Con de San Diego

Nos últimos días publiquei unha chea de fotografías da Hobbycon en Facebook, pero aínda tardarei un par de días en falar do tema por aquí, porque teño que preparar...

grupal de MarvelNos últimos días publiquei unha chea de fotografías da Hobbycon en Facebook, pero aínda tardarei un par de días en falar do tema por aquí, porque teño que preparar algo de material (por exemplo, o vídeo coa charla de Miguelanxo Prado), así que mentres, para os que teñan mono de cosplay, recoméndolles que miren unha selección de medio cento de fotografías de Emilie Elizabeth que son unha auténtica pasada.

O primeiro grupal pequeniño (de Marvel) está bastante ben, con Masacre no centro da acción e algún que outro cosplay destacable como o de Kitty Pryde con Lockheed no ombro, Hulka con ganas de pelexa, Hércules coa súa maza, Coulson con varios Capitáns e a propia axente Carter… unha imaxe que explorar para ir descubrindo detalles.

Primeiro grupal de DC

No grupal máis grande (de DC) a cousa xa é un sindios, cun Green Arrow barbudo (como ten que ser!), moitos nenos (entre os que destacan especialmente un de Mr. Freeze e outro de Sinestro) e incluso moita repetición de traxe, sendo o máis rechamante que aparecesen 3 fulanos de Superman Red Son, cando o cómic ten xa os seus aniños.

Das fotografías individuais teño que admitir que me pareceu caralluda a de Popeye, pero non menos rechamante é o ver a unha muller negra caracterizada de Raven (personaxe coa pel de cor branco ou gris claro) e que quede moi ben (non sempre o cambio de raza senta ben).

Tamén fíxome ilusión ver a unha Harley Quinn Bombshell. Desa serie de deseños boto en falta o de Wonder Woman, Batgirl, Batwoman ou Hawkgirl. Podedes ver máis sobre o concepto Bombshell no seguinte vídeo:

HawkgirlE xa que menciono a Hawkgirl, o seu cosplay correspondente tamén está moi ben, especialmente polo detalle de que a rapaza que o fixo non optou por unhas complicadas ás xigantes, senón que empregou unhas ás moi discretas, de xeito que ten liberdade de movemento á vez que permite que o personaxe sexa recoñecible. . Vese que a imaxinación continúa a ter moita forza á hora de solucionar certos atrancos á hora de elaborar un traxe.

O máis rechamante de todo é que, se deixamos a un lado aos cosplayers semi-profesionais que hai nos EE.UU. (hai bastante xente dedicada a ir de convención en convención participando en concursos) o nivel que hai por aquí non ten nada que envexarlle. Supoño que contribuiría moito o feito de que agora os materiais comercialízanse globalmente e os titoriais son unha grande axuda á hora de aprender as distintas técnicas de costura e manipulación de escumas e plásticos de distinto tipo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS