ExpOtaku volve a EXPOCoruña nun par de semanas

Tras o éxito da edición de 2010, entre os días 20 e 22 de maio EXPOCoruña vai acoller o II Salón do Manga de Galicia coñecido como ExpOtaku, que...

ExpOtaku 2011Tras o éxito da edición de 2010, entre os días 20 e 22 de maio EXPOCoruña vai acoller o II Salón do Manga de Galicia coñecido como ExpOtaku, que promete xuntar a moitísimos seareiros dos comics e as series de televisión made in Japan se temos en conta que xa hai máis de 400 persoas que confirmaron a través de Facebook a súa asistencia.
Os interesados en asistir deberán pagar 3 euros/día ou 7 euros polos 3 días, aínda que o domingo 22 a xente que vaia disfrazada de personaxes de manga poderá acudir de balde.
O programa de actividades aínda non está pechado, pero supoño que será semellante ao do ano pasado, polo que a diversión estará asegurada. Espero que desta volta o evento tamén sirva de anticipo do RetroCoruña 2011 que terá lugar a primeiros de xullo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS