Para conmemorar a estrea de Star Wars, o 25 de maio celébrase o Día do Orgullo Friki, e a canle TNT, que emite a serie The Big Bang Theory, ou sexa, que é toda unha bandeira do frikerío, quere aproveitar a ocasión para liala ben gorda, de xeito que organiza actividades presenciais en Madrid, emitirá unha programación especial durante a fin de semana e, como guinda, vai emitir o luns ás 22:30 horas a primeira edición do concurso El Friki Master.
Todo un detalle a agradecer. Teño curiosidade por ver se o concurso é friki dabondo, e non me sorprendería ver adaptacións do mesmo nos típicos trivials que se montan nos eventos frikis que hai por toda España ao longo do ano. De feito, parece que o concurso imita precisamente ás competicións frikis tradicionais. 😛
Veremos fotogramas de series de televisión (coa cara dos protagonistas borrada) a recoñecer, karaoke de cancións de anime, adivinar portadas míticas de comics a partires dun único debuxo, loitar nun videoxogos, resolver xeroglíficos de emoticonas… só lles falta algunha carallada retro como programar un vídeo VHS! 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.