Mañá é o Día do Orgullo friki

Un 25 de maio de hai 30 anos estreouse nos cines norteamericanos unha película que parecía chamada a ser un fracaso, Star Wars, pero que se convertiu no símbolo...

Póster do Día do Orgullo Friki 2007Un 25 de maio de hai 30 anos estreouse nos cines norteamericanos unha película que parecía chamada a ser un fracaso, Star Wars, pero que se convertiu no símbolo de toda unha xeración de fieis seguidores dunha mitoloxía de ciencia ficción que se autodeterminou friki.
Os frikis non somos só seguidores de Star Wars e da ciencia ficción, senón que moitos seguimos historias de fantasía, comics de superheroes, videoxogos ou xogos de rol (aínda que eu fuxo destes últimos), pero dende o ano pasado unímonos nesta data especial para reivindicar a nosa dignidade, o noso orgullo de ser así. Queremos poder ler comics pese a non ser nenos, queremos poder levar camisolas con personaxes dos nosos personaxes favoritos, queremos ver series de televisión clásicas (e que non nos digan que son curtes), queremos, en definitiva, defender o noso Orgullo Friki. Por iso, independentemente de se somos ou non seguidores da saga de George Lucas, eliximos esta data especial para celebrar o Día Internacional do Orgullo Friki, e para os que se queiran documentar un pouco sobre o tema recomendarei dende aquí que visiten algunha web coma OrgulloFriki.com.

Os de Ozú tamén foros espabilados este ano, e quixeron apropiarse da celebración desta data, polo que levan meses cunha campaña que se concreta nun portal dende o que lanzan distintas iniciativas como as seguintes:

Heroe o villano
Unha web dende a que che convidan a tomar parte coma heroe ou malvado.

Blog friki
Un blog friki.

Festa Friki
E mesmo unha festa friki en Madrid.

Festa paralela
Ah, e os que non poidan ir a Madrid sempre poderán seguir a festa en Second Life.

Pero eu, sinceramente coido que esa festa vai ser unha trapallada, simplemente polo feito de que non naceu de frikis de verdade (¡e mirade que non hai comunidades frikis na Rede!) e nos moitos mundillos frikis que hai só se escoita falar do Día do Orgullo Friki pola prensa. Ou sexa, que aínda queda moito para que sexa unha celebración seria, especialmente cando en cada zona xa nos montamos os nosos propios días especiais (sen ir máis lonxo, mañá mesmo haberá moitas excursións frikis para ir ver a nova película dos Piratas do Caribe). Sen ir máis lonxe, na Coruña o normal é celebrar as frikadas durante Viñetas desde o Atlántico e, especialmente, se coincide con algunha película de culto (¡ai!, aínda lembro cando se estreou o Episodio I en plena feira coruñesa do cómic).
Discrepancias e polémicas aparte… ¡Feliz Día do Orgullo Friki! (¿era preciso que dixese que son friki?)

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...