Día do Orgullo Friki dedicado á princesa Leia

Cada 25 de maio, lembrando o aniversario da estrea da primeira película de Star Wars e o pasamento de Douglas Adams (autor da Guía do Autoestopista Galáctico) celébrase o...

Cada 25 de maio, lembrando o aniversario da estrea da primeira película de Star Wars e o pasamento de Douglas Adams (autor da Guía do Autoestopista Galáctico) celébrase o Día do Orgullo Friki, o que en Santiago de Compostela vai estar moi presente grazas á segunda edición do Imperial Stormtroopers organizada pola Tropa Korriban, que desfilará polas rúas compostelás pola tarde.

Pola miña banda, para unirme á celebración desta festa quero compartir unha das cancións do último disco de El Reno Renardo (que pode descargarse de balde), que vén nin que pintada a unha data como a de hoxe:

[content_right title=”El Reno Renardo”]“Que difícil es hacer
el amor en un X-Wing”
[/content_right]O temazo dedicado a Leia inclúe algunha que outra frase para a posteridade, aínda que o mero feito de apuntar que a banda sonora de Star Wars é parecida á de Superman (a moitos páselle o mesmo coa de Indiana Jones) xa fará que moitos asintan… de seguro que nalgún concerto os músicos liáronse de canción e ninguén os corrixiu por medo a meter a zoca.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...