A Visión deixa ver os seus ollos no último trailer de Vengadores: La era de Ultrón

A menos de dous meses da estrea de Vengadores: La era de Ultrón temos o seu terceiro trailer en español, que danos unha idea do que será este prometedor...

Visión

A menos de dous meses da estrea de Vengadores: La era de Ultrón temos o seu terceiro trailer en español, que danos unha idea do que será este prometedor filme, aínda que non rematemos de ter claro o rol que xogarán Mercurio, a Bruxa Escarlata e a Visión (a quen por fin vemos os ollos).

Aínda que se anunciara a estrea para o 1 de maio, vese que caeron na conta de que era día festivo en España, de xeito que teremos a película o 30 de abril, adiantándonos unhas horas aos norteamericanos (aínda que en países como Reino Unido ou Alemaña anticiparanse unha semana enteira).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...