Cando se achega o Nadal é normal ver nos informativos televisivos os numerosos portais de Belén que montan por todo o territorio español, pero tras ver a marabilla da que deu conta Amorín en PixFans, coido que os seareiros de As Bolas Máxicas deberiamos establecer excursións organizadas a Jerez de la Frontera, onde un apaixonado da serie chamado Juanpe iniciou en 2008 un proxecto de recreación do planeta Namek con numerosos personaxes da serie que esculpiu el mesmo e que actualmente está a repintar no que considera que é unha creación que nunca terá un final.
O tolambrán de Juanpe incluso ten pensado pendurar no aire unha réplica do planeta de Kaido, deixando claro que non para de engadir elementos ao que esperemos que no futuro poida chegar a converterse nunha mostra aberta ao público durante algún evento importante, porque supoño que a súa intención non creo que sexa a de abrir as portas do seu fogar como fan algúns belenistas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.