Dende a pasada noite pode escoitarse a última entrega das Metrópoles Delirantes, o podcast sobre banda deseñada que nesta edición descubriunos o Efectiviwonder de Dani Xove, achegounos ao clásico Spirou, contou coa miña presenza para desbarrar sobre o cómic dixital e tamén tivo unhas interesantísimas recomendacións de Javi da Gata Tola.
Coincidín bastante coas obras que levou ao programa Javi, e sorprendeume que o Sr. B e Nieves non coñecesen a etapa de Moore de La Cosa del Pantano, as historias máis emblemáticas de John Constantine, ao ghamberro Spider Jerusalem ou o universo de Astro City. Vese que o cómic editado por DC non é precisamente o seu. Espero que tomen nota e corrixan un chisco tal eiva. 😉
Eu, pola miña banda, en canto poida volvo ler os Hábitos Peligrosos de Constantine.
Debe estar conectado para enviar un comentario.