O Iron Man máis chibi

Hai produtos que pese ao seu prezo teñen garantido o seu éxito grazas aos numerosos coleccionistas espallados por todo o mundo, e para gañarse o seu corazonciño case ao...

Iron Man magnético

Hai produtos que pese ao seu prezo teñen garantido o seu éxito grazas aos numerosos coleccionistas espallados por todo o mundo, e para gañarse o seu corazonciño case ao momento, en marzo vai chegar a unhas poucas tendas a figura chibi da armadura Mark II do filme Iron Man 3 da colección Egg Attack de Beast Kingdom, que para acadar un nivel de máximo frikismo inclúe un soporte magnético que consegue facer flotar no aire ao home de ferro cabezón, como podemos ver no seguinte vídeo:

Entre as luces da figura e o efecto de levitación non é de sorprender que vaia converterse nun obxecto de desexo instantáneo, do que aceptan reservas no Xapón por 17.000 iens (117 euros) mentres que nos EE.UU. piden pola peza 169,99 dólares (140 euros). Un capricho que casa moi ben co espírito de Iron Man ao introducir algo de ciencia no que normalmente só sería unha figura adorable.

ACTUALIZACIÓN: Dende Alita Comics van tentar facerse con algunhas unidades desta figuriña mega-friki. Sospeito dun señor con moito pelo facial que igual xa está facéndolle oco mentres engorda o porquiño dos aforros. 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...