Iron Man 3 xa ten un novo trailer

Hoxe a Rede está a tremer pola estrea do novo trailer de Iron Man 3, filme que promete estar francamente ben polo que podemos ver, e aínda que na...

Hoxe a Rede está a tremer pola estrea do novo trailer de Iron Man 3, filme que promete estar francamente ben polo que podemos ver, e aínda que na meirande parte de imaxes promocionais digan que se estrea o 3 de maio, tal data é para os EE.UU., pois en España, e sen que serva de precedente, imos ter a película o 26 de abril.

Ao parecer a estrea repártese mundialmente entre os días 18 de abril e 10 de maio, o que sospeito que pode facerlle bastante dano (¿aínda non aprenderon da necesidade de aproximar as estreas internacionais?).

A película promete rachar coa pana, pois non só veremos a Tony Stark baténdose contra o Mandarín coa axuda de Iron Patriot, senón que no trailer tamén podemos ver como a grande colección de armaduras non quedarán no armario durante o combate, no que promete ser un enfrontamento mítico:

Pero a min houbo un detalle  do trailer que resultoume moi rechamante. Por favor, comparade as seguintes imaxes:

¿Fixádesvos no móbil que emprega o reporteiro na primeira imaxe? Un dispositivo con formato de cuncha que parece un móbil básico de hai 6 ou 7 anos, para aparecer un smartphone na súa man na seguinte secuencia. ¿Será que dende a Marvel están a ofertar o espazo na película para que os fabricantes de móbiles coloquen o seu smartphone alí de lanzar algún novo modelo durante a estrea da película? Eu diría que si, pero é que son moi mal pensado.

Ah, e o cartel promocional do filme tampouco está nada mal:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo tráiler da película de Wonder Woman

    Tras varios teasers que foron poñéndonos os dentes longos, por fin temos o novo tráiler do filme de Wonder Woman protagonizado por Gal Gadot. Desta volta amósanos un chisco...
  • A CIA non me espía 😪

    Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista...
  • Novo tráiler de Guardianes de la Galaxia Vol. 2

    A que promete ser a película máis divertida do ano, Guardianes de la Galaxia Vol. 2, estrea por fin o seu novo tráiler, amosando moito máis do que era...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...