Os Guardianes de la Galaxia están a destacar no cosplay

Xa había tempo que non compartía nada sobre cosplay no blog, e agora quería pór aquí un divertido vídeo no que podemos ver como as gastan na Comic Con...

Xa había tempo que non compartía nada sobre cosplay no blog, e agora quería pór aquí un divertido vídeo no que podemos ver como as gastan na Comic Con de New York:

Encantáronme moitos dos detalles que podemos ver no vídeo, como a grande presenza dos Guardianes de la Galaxia, demostrando que a estética do cómic é máis propia dos disfraces que a da película (así podemos ver a Ángela, e a versión de Gamora é a da serie de banda deseñada actual, e non a da película), a cantidade de caracterizacións feitas en plan broma (encántame o Magneto frotando as mans ao ver a Máquina de Guerra) e incluso a resistencia do Batman de Adam West, que segue a resultar xenial pese ao paso do tempo.

Pero para os que gusten de Guardianes de la Galaxia supoño que resultará máis molón o vídeo que gravaron na Dragon Con de Atlanta, onde montaron unha boa grazas en boa medida á presenza de James Gunn e George Pérez:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS