O cómic volve invadir as salas cinematográficas

Este ano imos ter un calendario cinematográfico friki un tanto peculiar, pois non só teremos unha chea de películas dirixidas a un público afeccionado á ciencia-ficción e á fantasía,...

Días del Futuro Pasado

Este ano imos ter un calendario cinematográfico friki un tanto peculiar, pois non só teremos unha chea de películas dirixidas a un público afeccionado á ciencia-ficción e á fantasía, senón que curiosamente estes filmes van a estar na súa meirande parte baseados en cómics, dos que moitos son da Marvel, creando unha situación da que no lembro precedentes.

Vexamos as estreas que temos por diante:

Soldado de Invierno– 28 de marzo: Capitán América: El Soldado de Invierno – filme que promete ter boas escenas de acción e continuar a enriquecer o universo que medra ao redor de Los Vengadores.

– 16 de abril: The Amazing Spider-Man 2: El Poder de Electro – secuela dunha película de éxito moderado que pretende seguir a historia no que supoño que rematará sendo unha triloxía.

– 23 de maio: X-Men: Días del Futuro Pasado – historia inspirada nunha das sagas da Patrulla X que máis ramificacións provocou ao longo da historia.

Teño moitas gañas de ver como van tecer a trama, especialmente despois do bo traballo que fixeron en X-Men: Primera Generación.

Guardianes de la Galaxia– 8 de agosto: Transformers: La Era de la Extinción – película moi predicible que destaca por dicir adeus aos protagonistas das tres primeiras entregas. Coido que podemos tela en conta nesta relación de filmes pois aínda que orixinalmente foron xoguetes, a súa comercialización foi simultánea con comics e series de televisión, sendo na banda deseñada onde máis historias puidemos ler destas criaturas robóticas.

– 14 de agosto: Guardianes de la Galaxia – unha produción que enlaza con Los Vengadores e que fará que un dos seus personaxes máis ridículos gañe unha grande importancia. ¿A que ninguén aposta nada a que Mapache Cohete vai converterse en todo un fenómeno?

Megan Fox na rodaxe de TMNT

No vindeiro filme as Tartarugas Mutantes estarán modeladas por ordenador

– 29 de agosto: Teenage Mutant Ninja Turtles – pouco poderemos dicir desta cinta ata o 4 de abril, cando debería estrear o seu primeiro trailer. Inicialmente sorprendía que Megan Fox interpretase a April O’Neil (por non parecerse en nada fisicamente á reporteira televisiva de anteriores encarnacións), pero para min é aínda é máis destacable que as Tartarugas Mutantes non vaian ser ananos disfrazados. Perderase o encanto do filme que desencadeou a tartarugomanía, pero intentará contentar a un novo público. ¿Superará o reto?

Aparte destas películas teremos outras estreas como El poder del Tai Chi, Divergente, Godzilla, Jupiter Ascending, Transcendence e El amanecer del planeta de los simios, que tamén son bastante frikis, polo que este ano coido que non podemos queixarnos, pois ata agosto teremos cousas para ver en pantalla grande todos os meses, aínda que estou un pouco defraudado polo feito de que DC non teña nada e, dos 6 filmes que destaco, 4 son de personaxes da Marvel e 1 (Transformers) tamén foi da Marvel inicialmente (vaia, que só as Tartarugas Mutantes esquivaron as poutas da compañía que agora pertence a Disney).

Ver trailers ▼

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Blade Runner 2049 apunta maneiras

    Chegou a data na que por fin podemos ver a aparencia real que terá o filme Blade Runner 2049, que estrearase en cines o 6 de outubro e que...
  • Novo tráiler de Wonder Woman

    A menos dun mes para a estrea do filme da Muller Marabilla, temos aquí un novo tráiler, que parece querer amosar máis acción, pero continúa sen deixar ver claramente...