O mes pasado din conta de o 7 de novembro Astiberri tiña programado o lanzamento de Bella Muerte, a versión en español do Pretty Deadly de Emma Ríos, e para celebrar esta agardada publicación, na tenda de Alita na rúa do Orzán organizaron unha charla que contará coa presenza da artista o propio venres ás 19:30 horas.
Espero que en Alita encargasen unha boa chea de exemplares deste primeiro volume de Pretty Deadly en español (coa edición en inglés xa fixeron un bo traballo, conseguindo que fose doado de adquirir a obra sen ter que encargala previamente) e aparte do agradable que será escoitar a Emma contar a súa experiencia con esta obra que foi un éxito difícil de prever, espero que haxa algún que se anime a ir de cosplay á presentación, pois os personaxes de Ginny e a propia morte préstanse moito para a caracterización, do que Twitter pode dar boa conta.
Despois de ver como por fin poderemos gozar unha edición de auténtico luxo de Bella Muerte, o que resta é agardar a que poidamos ver novas aventuras deste novo universo de ficción que promete dar moito de si durante anos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.