A serie de Supergirl déixase ver

Os da Warner están que non mexan, e aínda que no cine non son quen de consolidar o Universo DC, en televisión están a facer un traballo moito mellor,...

Supergirl

Os da Warner están que non mexan, e aínda que no cine non son quen de consolidar o Universo DC, en televisión están a facer un traballo moito mellor, e xusto agora que The Flash e Arrow demostraron facer unha combinación gañadora, collen a parte dos seus directores  e guionistas e encárganlles facer algo semellante con Supergirl, dando a impresión no seu vídeo de presentación que atinaron co ton dunha superheroína luminosa, moi afastada do Superman do cine, e máis na liña de Flash, con toques femininos que prometen darlle unha identidade de seu.

Reparto arriscado

Kara e James Olsen

Para esta serie a CBS confiou en Melissa Benoist para pórlle rostro a Kara/Supergirl, o que non parecía moi atinado até que puidemos vela en acción. O mesmo poderiamos dicir de Calista Flockhart (Cat Grant) ou Mehcad Brooks (James Olsen), pois Ally McBeal non parecía encaixar no rol de loba de Cat e o de pór un Olsen negro xa cheiraba a tópico (en Smallville fixeran o mesmo con Pete Ross), pero en pantalla non quedan mal.

Cat Grant

Iso si, imos ter que agardar a novembro para ver esta serie os luns pola noite (ou sexa, os martes en España), o que resúltame algo raro, xa que ese é o día no que se emite Gotham na Fox, e pareceríame raro que fixeran coincidir dúas series de personaxes de DC na grella. Entendo que The Flash manterase nos martes e Arrow nos mércores, de xeito que non me sorprendería que movesen Gotham aos xoves ou venres.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...