Por se non había dabondo coa celebración de XOGA a pasada fin de semana, o vindeiro sábado comezará no Centro Ágora a segunda edición de Fun Factory Galicia, un encontro que repartirá en distintas zonas numerosas actividades de lecer como softcombat, xogos de mesa, campionatos de Magic: The Gathering, xogos de rol, wargames e, especialmente, torneos de videoxogos e actividades ao redor da cultura otaku.
As actividades otaku son moi prometedoras, con proxeccións, obradoiros, concursos e incluso cosplay, agardándose que dean bastante vida o evento. Moi na liña do que nos teñen afeitos dende a asociación cultural Mangalego.
Tamén son salientables os torneos de videoxogos, especialmente porque atrevéronse a montar un de Super Smash Bros. para Nintendo 3DS, o que resulta especialmente rechamante xa que o xogo aínda sairá á venda en España o vindeiro venres, aínda que hai xente que xa leva bastantes días meténdolle caña á súa portátil grazas á súa versión de demostración.
Debe estar conectado para enviar un comentario.