Que darán de comer na Coruña á xente para que non poida parar de organizar eventos para dinamizar o lecer da mocidade local? Pois cando aínda temos frescas as celebracións de ExpOtaku, a HobbyCon e Viñetas desde o Atlántico, chegan dúas fins de semana de vertixe, botando a andar o vindeiro venres a primeira edición das Xornadas de Ocio Galega Alternativo (XOGA) e, para a fin de semana seguinte, o 2º Fun Factory Galicia.
O primeiro evento é cousa do Movemento Xove, Draco e Terra Lúdica, e intentarei achegarme o venres para ver como dá os seus primeiros pasos, aínda que temo que vou quedar sen poder ver un wargame do que descoñecía que fose unha creación galega (concretamente de Cangas do Morrazo), que leva por nome Infinity (polo que supoño que non lles fai ningunha graza o xogo Disney Infinity). Espero poder falar con esa xente noutras ocasións para saber como se lles deu por emprender semellante proxecto tan ambicioso coma coidado.
Debe estar conectado para enviar un comentario.