50 anos do Estilo de Melide

Estes días a Cafetería-Pastelería Estilo está a celebrar os seus 50º aniversario, e para iso montan esta tarde un espectáculo de maxia e globoflexia para os cativos coma min,...

Cartel do 50º aniversario do Estilo

Estes días a Cafetería-Pastelería Estilo está a celebrar os seus 50º aniversario, e para iso montan esta tarde un espectáculo de maxia e globoflexia para os cativos coma min, ao que acompañará unha degustación de xeados (e a min píllame na Coruña, coiro!).

Para sábado pola noite xa teñen organizada unha troula para os maiores, coas actuacións de Miro Casabella e Os Melidaos. A pasalo ben, e que dentro de 50 anos quede algún de nós para celebrar o centenario!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS