A derradeira xornada de HobbyCon foi un tanto diferente ao resto pois, aínda que había actividades varias, o concurso de cosplay o eclipsaba todo, en boa medida, por congregar a centos de persoas no auditorio, afastadas do resto da feira.
Iso si, non faltaron detalles curiosos, como uns mozos que lle pediron a Esther (de Alita Comics) que sacase unha fotografía cunhas bananas facendo de pistolas. Que se vexa que neste tipo de encontros non existe o medo a posar diante dunha cámara!
Na zona de karaoke libre tamén botei unhas risas ao ver a paixón con que a xente gozada da canción de Digimón. Como farían se chegan a pór a de Pokémon?!?!?!
E, non, non critico iso, pois a min coa Bolas Máxicas pásame exactamente igual. Incluso coa sintonía do final! “Todo é moi fabulos, misterioso, soñador…”. 😉
Tampouco podo queixarme por coincidir cunha tropa de steamers diante da TARDIS. Protagonizaron un momento épico viaxando polo tempo e o espazo.
A hora do cosplay
Pero, había realmente moito cosplay o domingo? A verdade é que si, tanto polo feito de que as persoas que viñan disfrazadas podían entrar de balde, como por ter lugar o concurso de cosplay, polo que estabamos nun día que algúns reservaran para lucir as súas mellores galas, e notábase!
Sen ir máis lonxe, durante o domingo xuntáronse unha serie de afeccionados a Star Wars tal que podían loitar entre eles e posar magnificamente. As roupas estaban bastante ben, así como as espadas, pero nalgún caso a maquillaxe tamén era digna de salientar.
Había bastantes cosplays moi chulos, como o de Maya (Borderlands 2), Nathan Drake (Uncharted), Link (The Legend of Zelda), Optimus Prime (Transformers)… e incluso o de Pokéball!!! Por variedade non nos podiamos queixar.
Concurso de cosplay
E chegou o concurso, que dividiuse en varios apartados. Inicialmente saíron ao escenario participantes individuais que tiñan vergoña para preparar unha performance, polo que só desfilaban; e logo subiron ao escenario os que si prepararan performance (ou dicían iso, porque a metade daban un pouco de peniña).
Contrastaba por exemplo o valor que lle botou un rapaz en plan Frozen, mentres que o que ía de Pactar con el diablo daba vergoña allea. Tamén foi algo curioso a mociña que sentou no chan e púxose a facer de contacontos. Pero ao as actuación dun jedi e dun predator, tras os berros de Xena, foron do mellor da xornada.
Pese á alta participación feminina, Taquito e Jota non conseguiron que ningunha concursante atendese as súas demandas. 😀
Os participantes en grupo xa estaban máis organizados, e preparaban as súas coreografías, algunhas historias con algo de guión… e contaban con algunha sorpresiña, como un grupo de League of Legends que, ante a ausencia de última hora dun dos seus principais personaxes optou por substituílo por un rapaz disfrazado de pedobear. Épico!
Tamén foi bastante ridículo (e gracioso) un dos sketches no que unha das rapazas remataba botándoselle enriba ao presentador e levándoo fóra do escenario, para que ou pouco volverse cunhas bragas na cabeza.
A victoria parecía bastante clara, e así como Predator gañou a categoría individual seguido por Sivir; na categoría por equipos ambos gañadores encarnaban tamén a personaxes de League of Legends, polo que este xogo converteuse nun acaparador do concurso. 🙁
Nos vindeiros días procurarei publicar un pequeno vídeo para resumir o concurso de cosplay. 😎
Debe estar conectado para enviar un comentario.