HobbyCon (I): videoxogos made in Galicia e moitas frikadas

Onte principiou unha nova edición da HobbyCon, o evento multidisciplinar coruñés que xunta no PALEXCO a frikis de toda Galicia que gustan dos videoxogos, a banda deseñada, a cultura...

hobbycon_entrada_01

Onte principiou unha nova edición da HobbyCon, o evento multidisciplinar coruñés que xunta no PALEXCO a frikis de toda Galicia que gustan dos videoxogos, a banda deseñada, a cultura xaponesa, a ciencia ficción, a fantasía e incluso os xogos de mesa, e para comezar ven a sesión vespertina, conectamos dende o recinto co programa A Tarde da Radio Galega para dar conta do que alí acontecerá até o vindeiro domingo, para o que falamos con Maci, un dos organizadores:

Fernando Prieto, Maci e Carlos Fernández

Fernando Prieto, Maci e Carlos Fernández

Tras falar pola radio, Carlos Fernández (Moonbite) e Fernando Prieto (Gato Salvaje) contáronnos as súas experiencias na creación de videoxogos, deixando claro que a produción de xogos dende Galicia é posible e, pese aos seus comezos complicados, instaban á creación dende a nosa terra.

Exposicións no segundo andar

Xusto ao lado da sala na que tiñan lugar as charlas estaba unha interesante exposición de Miñoco, colectivo de ilustradores que tamén tiña un stand na feira.

Pero a exposición da que gocei máis foi a do Doutor Who, na que incluso tiñan ¡unha réplica da TARDIS!

No andar principal tamén podían verse moitas outras frikadas:

Tendas locais

Non faltaron a cita tendas de banda deseñada locais como Kikomic, que tiña algunhas cousas ben curriñas:

E Sanmi e Bill tamén fixeron o propio no stand de Alita Comics, aínda que mete algo de medo que Sanmi collese a katana de Kill Bill, por se quería matar a Bill realmente. 😀

hobbycon_entrada_02

En definitiva, que a festa xa está en marcha, e promete estar moi activa nas vindeiras xornadas, con convidados moi especiais e numerosas sorpresas. Non faltedes!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...