En 2011 puidemos ver ao meu irmán Xurxo pasar polo programa Cifras e Letras da TVG, no que era a súa segunda experiencia televisiva tras inaugurar o concurso Todos a Bordo, e como tras a renovación do concurso na forma de Verbas Van convidaban aos anteriores concursantes a volver pór a proba o seu vocabulario e a súa habilidade cos números, non quixo deixar pasar a oportunidade, polo que a partir de mañá algo antes das 13:00 horas poderemos ver o retorno do ferrado á pequena pantalla, coa vantaxe de que desta volta o concurso pode verse en diferido por estar incluÃdo no servizo de televisión á carta da TVG.
Antes de que preguntedes, confirmo que no pulsador de lle tocou ao meu irmán cando se estreou no programa enfrontándose a Sangi non habÃa Blandi Blub dentro. [icon icon=”0034.png”][/icon]
Aproveito a ocasión para agradecer unha vez máis a Paco Lodeiro, Jorge Mira e MarÃa Canosa a súa amabilidade durante as gravacións e en moitas outras ocasións, pois son unhas persoas moi accesibles coas que é todo un pracer poder tratar detrás das cámaras e incluso diante dos micrófonos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.