Unha cachonda na tenda de comics

No blog do Pisito en Madrid vin un videoclip do grupo Tripod no que contan o acontecido cando unha tía cachonda entra nunha tenda de comics: A verdade é...

No blog do Pisito en Madrid vin un videoclip do grupo Tripod no que contan o acontecido cando unha tía cachonda entra nunha tenda de comics:
A verdade é que a historia da canción, aparte de divertidísima, parece baseada en feitos reais, aínda que hai que admitir que si que entran mozas nas tendas de comics… ¡para mercar mangas e comics de Vertigo! Hai que agradecer a Neil Gaiman e outros escritores británicos que fixeran posibles que as féminas se atrevesen a entrar nos santuarios máis frikis que existen.

Pero os tíos de Tripod non fan burla só dos frikis comiqueiros, senón que tamén teñen unha canción na que fan o mesmo cos adictos ós videoxogos:
Coas risas que botei perdóolles que escarallaran o impresionante tema de Marvin Gaye:
Seguro que moitos lembrades a canción non pola versión orixinal, senón pola película Alta Fidelidad, na que Jack Black facía unha soberbia interpretación:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS