Cando imos pola rúa escoitando música, normalmente poñemos xestos e expresións que reflicten o tipo de música que levamos posta. Incluso engadiría que a música cambia o xeito no que percibimos a realidade (coma se podía comprobar nunha escea de Tesis na que Fele Martínez se achegaba a Ana Torrent e ámbolos dous estaban oíndo música moi diferente).
Agora, para facer algo de humor co tema, dende o blog de El Singular de Tecnología, descubro unha curta coa que veño de botar unhas risas:
A curtametraxe, segundo a descripción que ten en MyToons (tamén se pode ver o clip en YouTube, onde mencionan os nomes dos autores), trátase dun traballo de clase dun centro de animación dixital de Denver elaborado por 13 estudiantes que fixeron uns 80 fotogramas a man cada un. Graficamente seguro que non gaña ningún premio, pero o resultado quedou bastante pavero.