18 Febreiro, 2014
Filmax continúa a desprenderse das súas salas cinematográficas, e a vindeira en dicir adeus será a de Pontiñas (Lalín) que botará o peche o vindeiro día 28 e, para despedirse agradecendo a confianza aos espectadores ofertará sesións a 1 euros durante os días 21, 22, 23, 27 e 28.
Os filmes non son precisamente novidades, pero de seguro que moito aproveitarán a oportunidade para botar unha derradeira ollada a unha das poucas salas cinematográficas que quedan en activo en vilas galegas, pois lembremos que incluso hai cidades nos que o negocio non é sustentable.
Debe estar conectado para enviar un comentario.