Cine para os pequenos na Coruña e Lalín

Nas vindeiras semanas os cativos non terán que conformarse con ver algunhas das súas películas favoritas no televisor do salón da súa casa, senón que só por 3,5 euros...

Filmax KidsNas vindeiras semanas os cativos non terán que conformarse con ver algunhas das súas películas favoritas no televisor do salón da súa casa, senón que só por 3,5 euros poderán gozar das mesmas en pantalla grande, unha magnífica oportunidade para ver filmes como El Rey León, Up ou Las Aventuras de Tadeo Jones cos amigos nos cines de Filmax de Lalín e A Coruña. Unha iniciativa que achega sangue novo ao negocio do cine, que non está a pasar polo seu mellor momento, pois fóra das grandes estreas decaeu moito a afluencia ás salas de exhibición. O venres comeza esta promoción na Coruña cunha auténtica película de culto á que supoño que me prohibirán a entrada para non ter que aturarme cantando Yo voy a ser el Rey León.

Filmax Kids

O calendario para os cines de Lalín é un chisco diferente (supoño que a copia das películas que se proxecta nos Pontiñas será a mesma que a da Coruña):

Filmax Kids en Pontiñas

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS