Corre, Doutor, corre

Nesta semana na que non paro de frikear co Doutor Who, non podo evitar compartir o GIF animado creado polo ilustrador Javi de Castro, que nunha imaxe recolle as...

Nesta semana na que non paro de frikear co Doutor Who, non podo evitar compartir o GIF animado creado polo ilustrador Javi de Castro, que nunha imaxe recolle as 11 encarnacións do Señor do Tempo ata o momento (ao novo non o veremos ata o especial de Nadal):

Doutor Who correndo

Pareceume algo raro o de que na imaxe aparecerse correndo o primeiro doutor, pois xa tiña uns aniños (e mala saúde), de aí que non bulise tanto como os seus sucesores. Disque o de correr responde a 2 factores decisivos: o Doutor non é violento; e correr é un xeito barato de ocupar minutos nunha serie de televisión. [icon icon=”0039.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS