Google rende tributo ao Doutor

Son dos que sempre critica que algún medio de comunicación se dedique a publicar como nova o doodle de Google do día, pois é algo así como vender como...

doctor_who_doodle_05

Son dos que sempre critica que algún medio de comunicación se dedique a publicar como nova o doodle de Google do día, pois é algo así como vender como información de actualidade que pasamos a folla do almanaque, pero hoxe a cousa é distinta, pois o logotipo de Google está a render homenaxe ao 50º aniversario do Doutor Who.

A historia comeza cun Dalek roubando as letras do logotipo de Google, para que logo teñamos que elixir ao noso Doutor favorito para recuperar as letras.

Tom Baker

Eu comecei elixindo a Tom Baker, o Doutor dos tempos da TVG.

doctor_who_doodle_03

Superado o primeiro nivel, en vez e rematar o xogo, a TARDIS desprázanos a outra fase.

doctor_who_doodle_04

Temos que resolver uns quebracabezas sinxelos (que non deixan de parecer unha versión sofisticada do clásico Frogger), nos que o principal atranco é o control (por estarmos nunha vista isométrica na que resulta difícil moverse cos cursores). Pero non superar un nivel tamén terá o seu encanto, xa que o Doutor rexenerarase noutra das súas versión. Aparte dos Daleks, tamén teremos que evitar aos Cybermen e aos anxos choróns.

Doodle do Doutor Who

Completei o xogo con David Tennant, polo que non me podo queixar, xa que é o meu Doutor favorito.

Agora xa teño claro que Google é máis grande por dentro que por fóra. Best doodle ever!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS