O vindeiro sábado de madrugada imos poder celebrar o 50º aniversario do Doutor Who por todo o alto nos cines de Marineda City, e para os despistados, avisar de que xa están dispoñibles as entradas a través da web, podéndose mercar tanto para a versión dobrada como para unha versión orixinal sen subtítulos.
Eu pillei o billete para a sesión dobrada, porque foi a primeira en pórse á venda (da outra non se sabía nada), pero agora hai as dúas opcións. O que resulta algo raro é que as butacas boas na sesión dobrada están a aparecer e desaparecer constantemente, ou sexa, que o feito de que nun momento non estean dispoñibles non quere dicir que non vaian a estalo unhas horas máis tarde, algo que me parece bastante trapalleiro.
Vaia, que parece que non vai haber problemas para que os que queiran celebrar a súa afección ao mundo do Doutor poidamos facelo na fin de semana debida. Supoño que aos que píllelles moi lonxe A Coruña, sempre pillaralles mellor o BitTorrent, e incluso sospeito que algún vai poder ver o especial descargado antes de que se proxecte en España, pero as marxes de tempo son tan pequenas que deberiamos chegar ao cine libres de spoilers.
Debe estar conectado para enviar un comentario.