¡Pikoro é verde!

Nas últimas horas publicaron na web un novo trailer da película Dragonball Evolution e quedei moi contento ao comprobar que finalmente Pikoro será verde: Si, si, a peli segue...

Nas últimas horas publicaron na web un novo trailer da película Dragonball Evolution e quedei moi contento ao comprobar que finalmente Pikoro será verde:

Si, si, a peli segue a meter medo, e ten pinta de ser unha traballada pero, ¿acaso alguén cre posible facer unha boa película se Son Goku? Eu, polo de pronto, xa me dou por satisfeito ao ver que lle respectan a cor a Pikoro, aínda que o personaxe non teñan nada que ver co da serie de televisión.
Agora habería que organizar unha campaña para que a película chegase a Galicia dobrada ao galego, ¡e coas sintonías orixinais! Eu quero cantar durante os títulos de crédito o tema de «Todo é moi fabuloso, misterioso, soñador. E que ir contigo a esa viaxe estraña e moi lonxana»… con iso perdoaría unha merda de película 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS