Cumprindo co anunciado, na páxina web de Cinesa xa é posible mercar entradas para ver o especial do 50º aniversario do Doutor Who en 3D (A Coruña ten un dos 10 cines españois nos que teremos a fortuna de poder gozar de tal evento), aínda que a esta hora dá erro ao intentar facer a compra a través de TicketMaster. ¡Xa falta menos!
E continúo con gañas de identificar a Tom Baker en pantalla. ¿Quen ía dicir que aquela serie tan cutre que vía de pequeno na TVG podería chegar a converterse nun fenómeno que se mantivese tantos anos vivo? Allons-y!
ACTUALIZACIÓN: Hoxe mesmo a BBC publica un mini-episodio no que explican a historia da encarnación descoñecida do Doutor:
ACTUALIZACIÓN (17-11-2013): En Cinesa aínda quedan entradas para ver The Day of the Doctor na súa versión dobrada, e engadiron a posibilidade de ver o especial en versión orixinal sen subtitular.
Debe estar conectado para enviar un comentario.