AlarMeds, a aplicación que axúdanos coas pastillas

Para moitos a toma de medicamentos é todo un problema diario, por ter que tomar numerosas pastillas a distintas horas, e atendendo a tal demanda, Jessica Dopico, durante a...

Jessica Dopico Tuimil

AlarMeds en La VozPara moitos a toma de medicamentos é todo un problema diario, por ter que tomar numerosas pastillas a distintas horas, e atendendo a tal demanda, Jessica Dopico, durante a súa participación nun curso sobre o desenvolvemento de aplicacións para Android, deu a luz AlarMeds, unha aplicación para móbiles que busca atender a tal demanda, e que supoño que esta semana descubrirán moitos grazas a que saíu nas páxinas de La Voz de Galicia.

Xa falamos desta interesante aplicación hai un par de semanas en Código Cero (converténdose na nova máis lida en tal semana), e incluso convidamos a Jessica a falar do tema ante os micrófonos da Radio Galega:

Isidoro Valerio fixo o propio no Voces de Galicia de RadioVoz:

Esperemos que con tal difusión a xente anímase a probar este tipo de ferramentas que contribúen a solucionar problemas cotiáns. Aínda que non o pareza, é posible seguir a facer aplicacións móbiles que poidan servir de utilidade porque para os galegos “a cabeza non para”. [icon icon=”0034.png”][/icon]

ACTUALIZACIÓN (13-11-2013): A xente de A Revista da TVG falou onte con Jessica:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...