Para moitos a toma de medicamentos é todo un problema diario, por ter que tomar numerosas pastillas a distintas horas, e atendendo a tal demanda, Jessica Dopico, durante a súa participación nun curso sobre o desenvolvemento de aplicacións para Android, deu a luz AlarMeds, unha aplicación para móbiles que busca atender a tal demanda, e que supoño que esta semana descubrirán moitos grazas a que saíu nas páxinas de La Voz de Galicia.
Xa falamos desta interesante aplicación hai un par de semanas en Código Cero (converténdose na nova máis lida en tal semana), e incluso convidamos a Jessica a falar do tema ante os micrófonos da Radio Galega:
Isidoro Valerio fixo o propio no Voces de Galicia de RadioVoz:
Esperemos que con tal difusión a xente anímase a probar este tipo de ferramentas que contribúen a solucionar problemas cotiáns. Aínda que non o pareza, é posible seguir a facer aplicacións móbiles que poidan servir de utilidade porque para os galegos “a cabeza non para”. [icon icon=”0034.png”][/icon]
ACTUALIZACIÓN (13-11-2013): A xente de A Revista da TVG falou onte con Jessica:
Debe estar conectado para enviar un comentario.