Silvia Penide actuará en Melide o venres pola noite

A primeiros do verán tiven a fortuna de asistir á presentación en vivo do álbum Animal de Compañía de Silvia Penida na Coruña, nun concerto moi especial do que...

Silvia Penide en Melide

A primeiros do verán tiven a fortuna de asistir á presentación en vivo do álbum Animal de Compañía de Silvia Penida na Coruña, nun concerto moi especial do que saín encantado, polo que recomendo a calquera dos que o vindeiro venres estean nas proximidades de Melide a achegarse ata a Fundación para gozar deste mesmo espectáculo.

A presentación melidense de Animal de Compañía comezará ás 23:30 horas e a actividade terá un prezo de 4 euros (agasallándose cunha caña aos que merquen a entrada de xeito anticipado).

Recoméndovos repasar a discografía de Silvia Penide a través de Spotify antes do concerto, para así ir colléndolle o punto á obra desta grande artista.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS