Luz Darriba e Monti Castiñeiras estarán mañá na Casa Alongos

Este venres a Casa Alongos de Melide vai acoller ás 18:00 horas un obradoiro de iniciación á escritura creativa impartido por Luz Darriba, quen ás 19:00 horas presentará e...

cartelEste venres a Casa Alongos de Melide vai acoller ás 18:00 horas un obradoiro de iniciación á escritura creativa impartido por Luz Darriba, quen ás 19:00 horas presentará e asinará exemplares do seu libro Toda la gente errante. Nesta presentación tamén participará o veciño da vila Carlos Parrado.
Para completar a sesión, ás 20:00 terá lugar unha cata de viños ecolóxicos galegos (Bail, A Pita Cega e Corisca), a actuación gastronómica estelar do actor Monti Castiñeiras (o boticario Telmo en Libro de Familia e visto máis recentemente como o xornalista Darío Vargas na serie Matalobos) que preparará unhas tostas con ecocereal de Cedeira; e Manuel Ángel Gareal da pastelería Trisquel tamén fará unha presentación sorpresa.

Toda la gente errante
Podedes informarvos sobre o evento na súa páxina de Facebook.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...