Austin Powers: misterioso CEO de multinacional

Neste días nos que se está a falar do futuro cesamento de Steve Ballmer á fronte de Microsoft e mesmo do abandono de Bill Gates do Consello de Administración...

Bill Gates bailando en plan Austin PowersNeste días nos que se está a falar do futuro cesamento de Steve Ballmer á fronte de Microsoft e mesmo do abandono de Bill Gates do Consello de Administración da compañía dende The Verge están a lembrar algunha das xoias audiovisuais que protagonizou esa parella, destacando especialmente cando parodiaron a Austin Power (e que no seu momento só viron os asistentes á Networld/InterOp de 1999, ou sexa, moito antes de que se popularizase o vídeo na Internet):

Iso si, a peza que se marcaron en plan Movida en el Roxbury tamén é digna de rememorar:

Coido que co tempo imos botar moi en falta á parella que tantos anos serviron de cara de Microsoft.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS