San Bernardos rescatando baterías de móbiles no SXSW

Supoño que o festival South By Southwest (SXSW) non é coñecido en España, e por iso os informativos estatais non pecharon todos con imaxes do que foi unha campaña...

mophie_CdX2VqOUEAAZkw1

Supoño que o festival South By Southwest (SXSW) non é coñecido en España, e por iso os informativos estatais non pecharon todos con imaxes do que foi unha campaña de márketing foi efectiva. Resulta que nesta feira cultural que ten lugar entre o 11 e o 20 de marzo en Austin (Texas) o fabricante de baterías Mophie artellou unha actividade moi rechamante: cans San Bernardo que en vez de rescatar a esquiadores na neve cun barril de ron, repartían baterías portátiles para rescatar smartphones.

Para participar desta frikada había que chíar unha imaxes na que se vise o nivel de batería do móbil xunto coa posición actual co cancelo #mophieRescue, para recibir en resposta un mapa interactivo que facilitaba a localización dos cans que podían rescatarnos. Os asistentes escollidos recibían unha batería Mophie para poder salvar a autonomía do seu smartphone, e grazas a que estes agasallos repartíanse xunto a uns cadelos adorables, era inevitable que os participantes sacasen fotografías con eles incrementando a viralidade da iniciativa. Está claro que o uso de cachorros na publicidade segue a funcionar, aínda que igual algún participante no SXSW preferiría que os San Bernardos tivesen un barriliño de ron para poder botar un grolo, deixando que o seu teléfono quedase sen carga para maior tranquilidade e goce da festa.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...