Star Wars Detours: A Gargallada das Galaxias

Non podo ocultar que estou bastante decepcionado coa franquía de Star Wars, porque como ao final todo iso das Guerras Clon resultou ser unha trangallada que irrelevante amañada por...

Star Wars Detours
Non podo ocultar que estou bastante decepcionado coa franquía de Star Wars, porque como ao final todo iso das Guerras Clon resultou ser unha trangallada que irrelevante amañada por Palpatine para converterse no Emperador, non entendo como é posible que continúen a darlle voltas na televisión. ¿Para que marean un conto que dá igual? ¿Por qué non explorar novos camiños como fixeron co videoxogo El Poder de la Fuerza?
Pero parece que vou recuperar a fe, pois co gallo da Star Wars Celebration anunciaron unha nova serie de televisión chamada Star Wars: Detours que ten unha pinta incrible:

Agardemos que achegue a diversión que promete, que é moita, pois non por nada detrás deste proxecto están Todd Grimes, Matt Senreich e Seth Green (si, o actor lembrado polo seu papel como Scott Maligno en Austin Powers ou como o lobishome Oz na serie de Buffy), que xa demostraron a súa valía coa curiosa serie Robot Chicken.
Polo momento pouco se sabe sobre cando poderemos ver esta serie en antena, pero polos fragmentos que deixaron ver, estou certo de que vai ser moito mellor que Clone Wars:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Logan: «hostia puta»

    Por se alguén estaba confundido e pensaba que Logan ía ser unha especie de terceiro filme de Lobezno, temos por fin un novo tráiler que deixa claro que a...
  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...
  • As Cantareiras de Ardebullo estarán en Melide o sábado

    En Melide podemos congratularnos polo feito de que este sábado pola noite a Casa da Cultura vai converterse no escenario dun espectáculo das Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha,...